MARXES FÍLMICAS 2024

Share

Palestina

Do
17 de Xuño do 2024
ao
26 de Xuño do 2024
-
22:00
|
Cinema

 

📍 No patio do Museo Etnolóxico
⌚ Ás 22:00 horas.
💚 Entrada libre e de balde ata completar aforo.
-Proxeccións en versión orixinal subtitulada (VOSe)

 

A historiografía situou en torno ao 1200 a.C. a aparición duns pobos, denominados “pobos do mar”, grazas ás fontes exipcias, que ocasionaron a crise e desaparición de diferentes culturas, imperios e reinos que existiran durante o Bronce Redente, xurdindo así nocas entidades políticas como é o caso dos filisteos cuns hábitos culturais novos. A actual rexión, recibiu diferentes nomes; Os exipcios chamáronlle Canáa, os hebreos Israel, e os romanos dividírona en tetrarquías, entre as que estiveron as de Galilea e Xudea para logo darlle o nome de Palestina. Pola súa banda, os cruzados denominárona Terra Santa que dicían defender a sangue e lume... e aínda hoxe segue as ser fonte de conflito permanente.

 

As marxes fílmicas 2024, son en calquera caso catro miradas a Palestina, sobre a poboación e os habitantes que sofren ese conflito eterno.

 

 

  • Luns 17 de xuño 22:00h-Omar

HanyAbu-Assad| Palestina 2013 |98min| VOSe

Omar está afeito a esquivar as balas dos vixiantes cando agatuña polo muro para ir ver a Nadia,o seu amor secreto. Pero na Palestina ocupada non se pode amar abertamente nin facer a guerra de fronte. Alén do muro, Omar convértese nun guerreiro da liberdade que deberá enfrontarse a dolorosas decisións de vida ou morte.

  • Mércores 19|22:00h Etz Limon (Os Limoneiros)

EranRiklis|Israel2008|106min|VOSe

Historia de ficción que consegue erixirse nun microcosmos das diverxencias entre palestinos e xudeus,debuxando as disputas pola  terra,o medo, a protección e a negativa aodesprazamento. Unha muller palestina apela nos tribunais para evitar que talen os limoeiros da súa casa, que ameazan a seguridade do ministro de defensa israelí.

  • Luns24|22:00h A Strada del Samouni ( A Familia Samuni)

Stefano Savona|Italia2018|128min| VOSG

Na periferia rural da cidade de Gaza,unha pequena comunidade de agricultores,a familia Samuni,disponse a celebrar unha voda.É a primeira festa desde a última guerra. O barrio no que viven está a ser reconstruído. Replantan as árbores e aran os campos, pero unha tarefa aínda máis difícil recae sobre estes mozos superviventes: reconstruír a súa propia memoria.

  • Mércores26|20:00h Private (Domicilio privado)

SaverioCostanzo|Italia2004|90min|VOSe

Mohamed é profesor de literatura nun dos institutos máis progresistas de Palestina. Vive nunha aldeíña coa súa esposa e os seus cinco fillos. A súa casa está illada de todo e situada a medio camiño entre un pobo palestino e un asentamento xudeu. A casa non tarda en converterse nun punto estratéxico e o exército israelí decide invadila