Mes de maio

Share

Do
3 de Maio do 2024
ao
31 de Maio do 2024
|
Asociación de amigos,
Conferencias,
Música
calendario de maio

 

Hoxe compartimos o calendario das actividades do mes de maio no Museo Etnolóxico. Iremos compartindo máis información segundo vaian achegándose as datas.

 

Estade pendentes!

  • Venres 10 de maio ás 8 da tarde- Concerto: The followings. Concerto polo Día Internacional dos museos:

     

  • Mércores 15 de maio ás 11 da mañá- O poder dos museos Exposición e conexión co Museo Nacional de Artes decorativas de Kíiv

     

  • Venres 17 de maio- RAIGAME Presenza do Museo na Romaría etnográfica Raigame en Vilanova dos Infantes

     

  • Xoves 23 de maio ás 7:30 da tarde: 25 de Abril 1974: esperanza galega, envexa española Charla de Lourenzo Fernandez Prieto ao redor do 25 de abril no 50 aniversario

     

  • Sábado 25 de maio con saída ás 9:30 da mañá-Visita Día Internacional dos Museos Ó MUVICLA (Colección Museográfica Viva e Integrada do Campo e a Locomoción Agraria) en Láncara, Lugo; e á Domus do Mitreo (Domus dun centurión romano). Museo Universitario (Lugo) Insrición ata o día 20 de maio no teléfono do Museo Etnolóxico: 988 78 87 20 ou no mail: mu.etnoloxico.ribadavia@xunta.gal