Mesa redonda arredor do viño tostado no Museo do Viño de Galicia

Share

Do
19 de Decembro do 2025
ao
19 de Decembro do 2025
XAVIER CASTRO presenta as súas publicacións:  “Tostado. El vino noble de Galicia” & “Los Grandes Vinos Gallegos. Originalidad e historia”

O vindeiro 19 de decembro ás 19:00 h, o Museo do Viño de Galicia acolle unha mesa redonda dedicada ao viño tostado, un dos grandes tesouros do patrimonio vitivinícola galego.

Participan:
🔸 Xosé Ramón Pousa
🔸 Xavier Castro
🔸 Antonio M. Amil
🎙️ Modera: Luis Congil

Durante o acto, Xavier Castro presentará as súas publicacións:
📘 “Tostado. El vino noble de Galicia”
📕 “Los Grandes Vinos Gallegos. Originalidad e historia”

👉 O evento irá acompañado dunha degustación de viños tostados de diferentes adegas galegas.

⚠️ Prazas limitadas
📩 Inscrición previa en: mu.etnoloxico.ribadavia@xunta.es

📞 Ou no teléfono: 988 78 87 20

Unha oportunidade única para coñecer, degustar e afondar na historia do viño tostado galego 🍇