Mulleres pioneiras do Seminario de Estudos Galegos

Share

25 de Outubro do 2023
-
8 da tarde
|
Museo Etnolóxico
|
Conferencias
Seminario de estudos galegos

 

📅 Mércores, 25 de outubro do 2023

🕗 8 da tarde

📍Museo Etnolóxico. Ribadavia

Entrada de balde ate completar aforo

O Seminario de Estudos Galegos constituíuse o 21 de outubro do ano 1923, tras unha camiñata entre un grupo de estudantes da Universidade de Santiago de Compostela que comezou en Santiago e rematou en Ordoño, honrando así a Rosalía de Castro, pois Ordoño foi o seu lugar de infancia.

Este ano conmemórase o Centenario do Seminario de Estudos Galegos. É por elo que temos o pracer de acoller no Museo Etnolóxico. Ribadavia a Encarna Otero Cepeda, quen nos falará das mulleres que formaron parte del.