NARRATIVAS FUTURAS. As ruínas do rural.

Share

Do
3 de Outubro do 2025
ao
5 de Novembro do 2025
-
10.30
|
Museo Etnológico de Ribadavia

Narrativas futuras. As ruínas do rural é unha proposta expositiva que explora as ruínas como espazo de reflexión, resistencia e posibilidade.

A través das creacións de Alba Casas e Adrián Riveiro, esta mostra convida a repensar o rural galego desde a súa aparente desaparición: que nos din os restos que quedan? Que futuros podemos imaxinar desde eles?

Un diálogo entre arte contemporánea e memoria, entre abandono e potencia, que se constrúe con materiais, sons e imaxes que habitan nas marxes do progreso.

A ruína deixa de ser só perda e pasa a ser xermolo: un lugar onde cabe a utopía.

Visita a exposición no Museo Etnolóxico de Ribadavia e achégate a esta reflexión sobre o tempo, o territorio e as formas de vida no rural.