O lecer une: Faladoiro, xogo e música

Share

20 de Abril do 2023
-
17:00h
|
Casa da Cultura de Ribadavia
O lecer une

 

 

?️Xoves, 20 de abril 

 

? ás 5 da tarde

 

?na Casa da Cultura de Ribadavia

A actividade busca salientar a importancia do ocio como elemento identitario dunha cultura e marcador de calidade de vida. A charla de Manuela Vázquez Coto “Mulleres e xogos da comarca do Ribeiro, visibilizando o invisible”, dará paso a un faladoiro onde as xogadoras da bugalliña de Santo Estevo de Nóvoa e as Pandereteiras da Festa da Istoria, poderán poñer en común as súas experiencias de lecer vinculadas ao patrimonio do xogo e da música. A demostración práctica de ámbalas dúas actividades pechará esta divertida xornada aberta ao público.

 A demostración práctica de ámbalas dúas actividades pechará esta divertida xornada aberta ao público.

Esperámosvos!!