O Museo Etnolóxico recibiu ao grupo que está a realizar a actividade “Os nosos surrealismos cotiáns”, unha proposta vinculada á exposición Surrealismos cotiáns. Unha relectura das coleccións inspirada por Eugenio Granell.
Durante a visita, as persoas participantes mergulláronse nun percorrido polo universo surrealista de Eugenio Granell, onde os obxectos cotiáns, transformados mediante ensamblaxes, relatos e títulos, convídannos a viaxar cara outros mundos. 🌀🔍
A actividade, deseñada e desenvolvida por Aida Lojo @lojoaida, convidou ao grupo a mirar doutro xeito o cotiá e a conectar coa creatividade e a expresividade desde o xogo e a imaxinación.
📸💬 Entre obxectos, conversas e intuicións, xurdiu unha experiencia lúdica e inspiradora, capaz de transformar a percepción do cotián e abrir camiños a novas miradas.
A exposición permanece aberta 👉 animámoste a visitala e descubrir os teus propios surrealismos cotiáns.
