POESÍA ENRIBA!

Share

6 de Agosto do 2021
-
21:30 h
|
Patio do Museo Etnolóxico
|
Música
Poesía enriba

POESÍA ENRIBA poesía performántica no patio do Museo Etnolóxico o venres 6 de agosto ás 21.30 h., entrada ata completar a capacidade.

No ano 2020 a poeta galega Olga Novo recibiu o Premio Nacional de Poesía e a poeta, tamén galega, concretamente de Ourense Alba Cid o Premio Nacional de Poesía Joven. Galicia, foi indicsutiblemente protagonista da Poesía a todos os niveis. Tamén en Ourense, presentouse no pasado mes de setembro, o Festival de Arte e Poesía Explícita Imos ter máis que palabras o cal recibiu unha moi boa acollida de público e de opinións.

Ourense e toda a súa comarca, ten a sorte, de contar cun legado poético quedeixou un sinal a todos os niveis. Un legado que debemos ter presente, coidar, mostrar e non esquecer. Poetas coma Filomena Dato, Curros Enríquez, Celso Emilio Ferreiro, Blanco Amor, Otero Pedrayo, José Ángel Valente ou as irmás Pura e Dora Vázquez, etc. E tamén temos moi en conta a xeración de novas e novos poetas como Myriam Reyes, Arancha Nogueira, Carlos da Aira, Rochi Nóvoa, Arancha Nogueira, Juan Manuel Vázquez, José Lameiras, Alfonso Rodríguez, Belem de Andrade, Nuria Erre Pe, Tamila Alem e un longo etc.

Por iso, esta proposta exclusiva para o Museo Etnolóxico: Poesía en Riba!, unha noite de Poesía Performántica na que participarán as poetas: Fátima Delgado, Lúa Mosquetera, Samuel Merino (Pompa e Boato), en directo coa música de Fernán Permuy e Rubén Mosquera.

Programa: xxxxx FÁTIMA DELGADO: presenta a performance poética e audiovisual OUVEOS.

LÚA MOSQUETERA + POMPA E BOATO + DOUS MÚSICOS EN ESCENA presentan a performance poético musical POMPETERA.

Observaranse as medidas de prevención establecidas na lexislación vixente ante a crise sanitaria ocasionada pola covid-19.