RapDAvia (Comunidade Activa)
Lembrades a iniciativa que levou a cabo o ano pasado o museo baixo o nome de “RapDAvia”? e.....
¿Lembrades aquela actividade chamada “Comunidade Activa” na que a OMIX Ribadavia do Concello de Ribadavia limpou a zona do Muiño e arredores do Avia con actividades de concienciación medioambiental grazas a axuda de veciñanza de todas as idades?
Pois gardade a data porque este ano, aúnanse forzas. Coa organización do Concello de Ribadavia mediante a OMIX, e axuda do persoal das Concellerías de Servizos, Cultura e Infraestructuras; e coa colaboración do Museo Etnolóxico de Ribadavia e da axuda da productora @arteficcion_sl , chega un evento que ven para quedarse:
RapDAvia (Comunidade Activa)
Unha actividade de carácter interxeracional pensada para que toda a comunidade do Ribeiro colabore, conxuntamente, no coidado da súa contorna e os barrios.
Rapdavia é un gran Obradoiro que busca nexos de unión e o público que asista, terá a posibilidade non só de escoitar música urbana en directo de Ache, O Pirata , El Macius ou Kalibass senón tamén, de presenciar a creación de graffitis en tempo real.
Ademáis haberá actividades artísticas e medioambientais para Infancia e Xuventude así coma unha Batalla de Galos a cargo de Dusem. Para todas estas actividades, podedes inscribirvos xa no correo electrónico omix.ribadavia@gmail.com porque ollo!! terán aforo limitado.
Uniremos rap e graffiti como dúas das expresións máis populares da arte urbana hoxe en día, con artistas ourensáns e e locais nunha xornada para todos os públicos e ademáis humanizaremos e recuperaremos o parque anexo a estación de Autobuses de Ribadavia .
Vide a gozar con nós de esta actividade totalmente gratuita o sábado 15 de xuño desde as 11:00 ás 15:00 horas.