Ti a levas

Share

A memoria do xogo

20 de Xaneiro do 2023
Ti a levas

 

Sabiades que no Museo Etnolóxico tamén temos xoguetes?

O pasado 20 de xaneiro xuntámonos co alumnado do Ceip Plurilingüe Ribadavia EI EP e cos e coas residentes da Fundacion Nos Anxos para descubrir como evolucionaron as formas de xogar e cal é o papel do museo como conservador deste patrimonio.

A través deste encontro entre nenas, nenos e persoas maiores quixemos pór en valor un patrimonio que non só é compartido senón que nos conecta entre xeracións.

Unindo memorias, facemos museo.