Un encontro co patrimonio vitivinícola de Valdeorras

Share

Do
26 de Xuño do 2026
ao
26 de Xuño do 2026
-
7:30h de la tarde
|
Museo do Viño
|
Presentacións libros,
Restauración
Actividade Museo do Viño

 

📍 Museo do Viño de Galicia
🗓️ 26 de xuño
⏰ 7:30h da tarde
🎟️ Entrada de balde ata completar capacidade

 

O vindeiro 26 de xuño ás 7:30h tarde, o Museo do Viño de Galicia acollerá a presentación de O patrimonio do viño. Ruta polas adegas e camiños de Valdeorras, unha publicación de Josué Fernández Guerra que nos convida a descubrir a riqueza cultural, histórica e paisaxística dun dos territorios vitivinícolas máis singulares de Galicia.

O patrimonio vitícola é un dos nosos bens máis prezados. Máis alá da evidente calidade gastronómica dos viños galegos, constitúe un elemento cultural que forma parte da nosa identidade e que define o noso ADN como pobo. A través desta obra, achegarémonos ás adegas, aos camiños, ás paisaxes e ás persoas que manteñen viva a tradición vitivinícola de Valdeorras.

🍇 A xornada completarase cunha cata comentada por Daniel Marín (Xadigal), unha experiencia que nos permitirá descubrir os viños da comarca a través de tres microhistorias que revelan a esencia do territorio e dos seus viticultores.
 

Agardámoste para brindar pola cultura, o patrimonio e o viño de Galicia.