Do
1 de Xullo do 2026
ao
29 de Agosto do 2026
As Catas Sonoras no Museo do Viño de Galicia, que acadan este ano a súa sexta edición, permiten gozar de catas musicais para todos os gustos, dende o jazz ata autores clásicos, dende a bossanova ata o blues ou dende o fado ao swing, sempre en directo.
Música ao solpor, na terraza do Museo, nun entorno de viñedo e arquitectura do viño, finalizando cunha copa de viño para rematar a súa sesión parolando distendidamente con quen nos acompaña ou con quen coincidamos nestas Catas Sonoras no Museo do Viño de Galicia.
