13 de Maio do 2022
-
15:30h
O 18 de maio é o Día Internacional dos Museos. Durante todo o mes contaremos con actividades especiais.
Comezamos cunha visita a Celanova
Saída o venres 13 de maio ás 15:30 h dende Ribadavia (ao carón da Casa da Cultura)
- Visita á Fundación Curros Enríquez
- Pequeno roteiro Literario por Celanova
- Visita ao mosteiro de San Salvador e capela de San Miguel
- Concerto de órgano
Traslados e visitas de balde.
Ao final da visita regreso a Ribadavia.
Seguindo as medidas sanitarias é obrigatorio o uso da máscara no autobús.
Para reservar praza chamar ao teléfono 988 788 720 ou no enderezo electrónico mu.etnoloxico.ribadavia@xunta.gal
Data límite para anotarse 11 maio 2022