Visita guiada do comisario
Non perdades a oportunidade de coñecer con máis detalle a mostra da Escola Sinsal que chegou ó Museo Etnolóxico en colaboración co Festival Arteficial.
Esta mostra convida ó público a explorar a historia da música gravada en Galicia a través de oito figuras clave do país, dende o século XVII ata o século XX e ilustradas por artistas do cómic.
Cal era a relación de Emilia Pardo Bazán coa gravación sonora? Foi Labarta Pose o primeiro DJ galego?.
Nesta visita, ofrecida polo comisario da exposición Julio Gómez, poderás descubrir as respostas así como outros moitos aspectos das pezas que forman parte da mostra: a súa historia, funcionamento...