Con motivo do Día Internacional dos Museos, o Museo Etnolóxico xunto con Amechir, organizan unha saída para visitar dous centros museísticos:
O MUVICLA (Colección Museográfica Viva e Integrada do Campo e a Locomoción Agraria) en Láncara, Lugo; e á Domus do Mitreo (Domus dun centurión romano). Museo Universitario (Lugo)
A inscrición, de balde, inclúe: transporte (Ribadavia-Láncara-Lugo), entrada aos museos e visitas guiadas e estará aberta ata o día 20 de maio no teléfono do Museo Etnolóxico: 988 78 87 20 ou no mail: mu.etnoloxico.ribadavia@xunta.gal
Aínda que a comida non está incluída, facilitarase unha opción con posibilidade de reserva a xente que o solicite
Ofértanse 40 prazas
Non perdades a ocasión!