Xuntanza de Primavera da Irmandade dos Viños

Share

15 de Marzo do 2025

O pasado 15 de marzo tivo lugar a Xuntanza de Primavera da Irmandade dos Viños. O Museo Etnolóxico foi o lugar escollido para a realización das diferentes actividades entre as que destacaron unha cata cega de cinco viños de DD.OO e unha conferencia impartida por Luis Paadin.

Os cofrades asistentes recibiron ademais a última Guía dos Viños e Augardentes de Galiza, da autoría de Luis e Alejandro Paadin, personalizadas para a Irmandade con máis de 500 páxinas a cor das viñas, adegas e comercialización de viños; un pequeno informe sobre a influencia do terroir nas variedades gustativas e organolépticas dos viños.

Ademais, brindouse polo favorable dato de que desde o comezo de século o prezo medio do valor de exportación do litro dos viños de Galicia pasou de 0,59 euros litro a 3,29, o que triplica o valor español (1,41 euros litros) e mesmo sitúa aos produtos galegos entre a media de Italia (3,58) e Alemania (2,96).