Servizos bibliotecarios

Share

A Biblioteca do Museo Etnolóxico é unha biblioteca especializada polo tipo de fondos, de acceso libre a todas as persoas interesadas.

Non é necesario ningún tipo de carné para acceder á consulta.

Os fondos están relacionados coas materias que interesan na xestión das coleccións do propio Museo: etnoloxía, etnografía, antropoloxía social e cultural, socioloxía rural e urbana, vinicultura e viticultura, antropoloxía visual, fotografía museoloxía, museografía, conservación e restauración do patrimonio…

Dentro da especialización temática destaca na Biblioteca a colección de publicacións periódicas estatais e internacionais especializadas en antropoloxía social e cultural, antropoloxía visual, etnomusicoloxía, etnografía, etnoloxía, museoloxía, conservación e restauración do patrimonio, que supoñen unha importante especialización cuantitativa e cualitativa do conxunto da colección bibliográfica.

Horarios

Luns, mércores e venres de 9 da mañá ás 4 da tarde

Martes e xoves de 9 da mañá ás 6 da tarde

Excepto festivos

 

Contacto

mu.etnoloxico.ribadavia@xunta.gal
988 788 720
988 788 727

 

Servizos

 Consulta na sala

 Información bibliográfica

 Reprodución de fondos

 Acceso a Internet

 Conexión wifi

 Préstamo interbibliotecario

 Visitas con cita previa

 

Accesibilidade

A consulta aos fondos bibliográficos pódese facer de forma presencial, por teléfono ou por correo electrónico, unha parte importante pode consultarse no católogo en liña incluído no Portal da Rede de Bibliotecas Publicas de Galicia na sección de Catálogos.