Foto Juan Antonio Gómez

Share

A súa vocación fotográfica espertouse na súa etapa de estudante de Económicas na Universidad Complutense de Madrid, formándose na Escola Oficial de Cinematografía de Madrid, especialidade de Cámaras. Tras unha breve e frutífera época adicada á fotografía afeccionada, na que acada varios premios nacionais e rexionais, dá o paso á profesionalidade nos ámbitos da editorial e da publicística a través da cofundación, xunto con Hipólito González e Enrique Banet, do «Grupo 77» e, despois da desaparición deste, das marcas e sociedades Foto-Asociación –con –con Luis Olivares Chao- e ARGOFOT. A súa obra ilustra guías, atlas, enciclopedias, libros de arte, etc. abarcando unha longa relación de empresas, editores e institucións, algúns tan esixentes como FMR. Entre as súas fotografías conservadas no MER destacan polo seu interese etnográfico as series de xentes na feira, no entroido, na vendima, nas rúas, etc. así como imaxes de bens da arquitectura rural e vilega.