Foto Pacheco

Share

Está integrado pola colección familiar do fillo do fundador desta familia de fotógrafos con presenza en Ourense, Vigo e A Coruña. Contén imaxes da autoría de José de Sousa Guedes Pacheco e do seu estudio e, sobre todo, o arquivo do seu continuador á fronte do mesmo: Augusto Guedes Pacheco. Ademais da produción de estudio, contén imaxes de diferentes cronoloxías con vistas da cidade de Ourense e os seus arredores, así como documenta bens do patrimonio arquitectónico da provincia, incluíndo pezas e a vella montaxe do Museo Catedralicio de Ourense.