Recreación dos traballos do liño. Proceso de deluvar ou refregar o liño.
Recreación dos traballos do liño. Fiando o liño co fuso.
Santiago Míguez Amil, fotógrafo documental e de prensa, de formación autodidacta e antigo colaborador do Museo Etnolóxico, que vén desenvolvendo a súa actividade dende o ano 1986, foi socio fundador de Nega-2, xunto con Moncho Fuentes, Nacho Gómez e Xan Xiadas; tras ter colaborado con outros medios, na actualidade a súa actividade profesional está vinculada ao xornal La Voz de Galicia; entre outros recoñecementos, unha das súas fotografías foi Foto do Ano de Galicia en Foco 2005. A súa obra no MER está formada por series realizadas por encargo da propia institución e de interese etnolóxico e documental fundamentalmente, así como por un pequeno fondo constituído por un conxunto de copias orixinais.