Fondo Xenaro Martínez de Castro

Share

Fotógrafo asentado en Santiago de Compostela e socio fundador do Museo do Pobo Galego; na súa traxectoria profesional, truncada en plena madureza, participou en proxectos da Xunta de Galicia para Museos e en campañas publicitarias e exposicións como Galicia no Tempo, amais de ter traballado para Caixa Galicia, a Gran Enciclopedia Gallega, O Museo de Pontevedra, etc. así como ten ilustrado coas súas fotografías numerosas publicacións. O seu fondo no MER está formado por unha importante serie de imaxes de diversos bens culturais do Ribeiro, e por fotografías de carácter documental.