Arquivo Abrente

Share

A asociación Cultural Abrente foi un exemplo sobresaínte da historia do asociacionismo cultural en Galicia. Entre 1969 e 1983 xogou un papel esencial na programación do teatro autonómico. Ademais de seres imprescindibles na creación da actual Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia (herdeira da Mostra de Teatro en Galego); esta agrupación desenvolveu unha prolífica actividade cultural e foi capaz de articular exposicións de cerámica, gravados ou da plástica galega. Tanto o fondo documental( monografías, publicacións periódicas obre todo relacionadas co teatro, cartaces, folletos da programación das mostras de teatro e de grupos de teatro participantes nas distintas mostras, así como de diversas actividades culturais. ) como o bibliográfico ( monografías, publicacións periódicas obre todo relacionadas co teatro, cartaces, folletos da programación das mostras de teatro e de grupos de teatro participantes nas distintas mostras, así como de diversas actividades culturais) foi depositado no Museo Etnolóxico trala disolución da asociación, supoñendo unha grande fonte para o coñecemento da actividade cultural galega de mediados do século XX.