
Arte efémera para toda unha vida

Arte efémera para toda unha vida

"Itinerant Tatto". Lúa e Anxo. Pruden Tatto

Less work. More Life. Pruden Tatto

Lorrein. Blingcreepgirl

Fotograma do video colaborativo de Clandestinotatto, Viyyyi, Malena e III

AE

AE

Davide de Abraham Caride

AE

AE

Arte efémera para toda unha vida

Tatuaxes sobre pel artificial. Blingcreepgirl













O Festival Arteficial celebra a súa XVII no conxunto histórico da vila de Ribadavia; e ademais da música conta como sempre con propostas procedentes das artes plásticas.
A asociación achégase nesta nova edición,a través dunha mostra colectiva, ao que entende como unha arte plástica singular, a tatuaxe.
Así, contando co apoio do Museo Etnolóxico, búscase xerar un espazo de difusión, reflexión e visibilidade de esta arte.
Fuxindo dunha visión histórica ou retrospectiva da tatuaxe, búscase a opinión das persoas creadoras sobre o que consideramos aspectos particulares e/o singulares desta arte.
“Arte efémera para toda unha vida. Cuestións sobre a tatuaxe”
As orixes da tatuaxe occidental europea están historicamente vencelladas a significación nun grupo. A pel tatuada, convertíase nun grito ao exterior cunha mensaxe recoñecible polo resto da sociedade ou do grupo social co que a persoa portadora identificábase.
Tras o pasado xeralmente estigmatizante da tatuaxe en occidente, a miúdo relacionada coa pertenza a grupos marxinais ou coa perigosidade; a tatuaxe actualmente vive unha época dourada. Chega agora a públicos diversos e amplos, as motivacións mudaron, ou ampliáronse, pudendo ser simplemente estéticas, expresións íntimas, etc. Así mesmo, a tatuaxe, a vez que se desestigmatizába, profesionalizouse nun proceso moi interesante.
Tras o cambio asentado na percepción da tatuaxe, esta exposicións busca amosar o traballo de catro artistas, pero tamén, exclusivamente dende a pregunta, coñecer a súa opinión sobre a actividade, sobre o concepto de arte, de artesanía, de propiedade, a súa efemeridade, a súa vinculación ou inspiración en outras artes, a súa capacidade como medio de expresión,etc