Real Carta Executoria de fidalguía da familia Meruéndano
Real Carta Executoria de fidalguía da familia Meruéndano
Real Carta Executoria de fidalguía da familia Meruéndano
O proxecto “Ben(s)vidos” segue a avanzar esta vez coa exposición da Executoria de fidalguía da familia Meruéndano.
O MER custodia en depósito este documento expedido pola Chancelaría de Valladolid no ano 1651, que contén o preito e sentenza pola cal se recoñece a condición de fidalguía da familia Meruéndano.
O procedemento xurídico materialízase nun documento de 120 páxinas de pergameo encadernado con cuberta de pel con borduras en dourado. A peza complétase con selo cosido de chumbo coa imaxe de Felipe IV e, no reverso, o escudo da coroa real.
A exposición complétase coa mostra de probas de filiación posteriores á Carta, a través das cales a familia procurou manter a condición de fidalguía que lle fora recoñecida no preito de 1651.