
Bombeiros e Bombeiras forestais

Bombeiros e Bombeiras forestais

Bombeiros e Bombeiras forestais



Bombeiros/as forestais. Epi e ferramentas forestais
A exposición pon de manifesto a importancia dos organismos vinculados á prevención e extincións de incendios.
Pon en valor o traballo vinculado os bombeiros e bombeiras forestais e outros corpos de reforzo; a súa profesionalización, así como a evolución tecnolóxica dos seus equipos de protección.
A través de paneis explicativos e un vídeo, recóllese a historia e evolución, a estruturación en distritos, e competencias vinculados a ditos organismos encargados da extincións do lume, pero tamén á prevención dos mesmos. Ponse de manifesto tamén a importancia das BRIF (Brigadas de Reforzo en Incendios Forestais) dende unha achega próxima, mostrándose o día a día dos seus integrantes.
Xunto con estas explicacións podemos atopar máis de 50 obxectos que ilustran os coñecementos específicos que deben ter os e as profesionais deste sector e os diversos traballos que desenvolven.
Mediante unha alusión a un vestiario, queda representado o EPI (Equipo de protección Individual) e o seu avance tecnolóxico; o que permite que actúen contra o lume de maneira máis segura; e pondo de manifesto a presencia de equipos específicos moi vinculados a nosa climatoloxía.
Por último, as coñecidas como “galletas” recollen o sentimento de pertenzan presente nos grupos que conforman toda a rede antincendios. Topónimos, símbolos e mascotas, móstranse orgullosamente nos traxes da xente que está o servizo da protección dos nosos montes.
Trátase dunha mirada e posta en valor aos e as profesionais que non so permiten, se non que arriscan a súa vida, na protección dun dos recursos máis importantes que ten a nosa terra.