
Abrente en Kíiv

Abrente en Kíiv

Abrente en Kíiv

Abrente en Kíiv




A colaboración que comenzara vai dous anos no Dia Internacional dos Museos co Museo Nacional de Artes decorativas de Kíiv, agora quedou representada nas dúas institucións mediante mostras expositivas.
Mediante reproducións e textos expositivos os kievitas poderán coñecer parte das obras que compoñen a colección da Asociación Abrente, mentres que ano Museo Etnolóxico a pintura decorativa de Petrykvka, declarada patrimonio inmaterial da humanidade, toma unha das salas.
ABRENTE foi una asociación cultural que desenvolveu en Ribadavia una intensa actividade cultural entre os anos 1969 e 1983, esta asociación dispuña dunha razoable colección de arte procedente da doazón de obra que lle facían os artistas para contribuír co importe da súa venda á financiación das actividades da asociación, ou simplemente para decorar a súa sede social
No momento da súa disolución tomaron o acordo de depositar tanto o seu arquivo como a obra plástica da que dispuñan no entón Museo de Artes e Costumes Populares de Ribadavia, hoxe Museo Etnolóxico
Agora parte de esta colección pódese desfrutar no Museo Nacional de Artes Decorativas.