Eros e Anteros. Visións Sobre a Sexualidade Feminina. Exposición en liña

Share
Do
8 de Marzo do 2015
al
8 de Xuño do 2015
A V edición da exposición virtual «Patrimonio en Femenino» coordinada pola Subdirección General de Museos Estatales, da Dirección General de Bellas Artes y Bienes Culturales y de Archivos y Bibliotecas do Ministerio de Educación, Cultura y Deporte, foi inaugurada o 8 de marzo 2015, coincidindo co Día Internacional da Muller.
 

Nesta ocasión o tema elixido é «Eros e Anteros. Visións Sobre a Sexualidade Feminina» e o Museo Etnolóxico (MER) participa nos epígrafes De Eva á Femme Fatale: arquetipos(arquetipos de feminidade vinculados á sexualidade das mulleres), Imaxes da Alteridade (percepción que se tiña dende as sociedades occidentais das formas de vivir a sexualidade feminina por outras culturas) e A Muller Obxecto(a muller e o seu corpo tratados como un obxecto puramente sexual).

No primeiro dos apartados o Museo Etnolóxico participa cunha fotografía na que se patentiza a admiración da xuventude masculina presente polo encanto da moza elexida «Miss» no marco dunha sociedade recreativa.

 
No epígrafe dedicado á alteridade o MER aporta unha imaxe fotográfica na que aparece unha «muller oriental», provocando unha mirada que invita á sensualidade imaxinada do harén. Finalmente na liña da Muller Obxecto, o Museo Etnolóxico aporta tres imaxes nas que a sensualidade ou a condición sexual da muller son explicitadas cara a satisfacer o imaxinario masculino.
 

Este catálogo en liña foi completado coa publicación electrónica "Eros y Anteros: visiones sobre la sexualidad femenina  que se pode descargar e consultar de balde desde o día 4 de setembro Día Mundial da Saúde Sexual. Esta publicación contén oito artigos realizados por especialistas que nos achegan a un maior coñecemento da sexualidade feminina.