Auga. O sangue da terra

Share
Do
1 de Marzo do 2018
al
31 de Marzo do 2018
Auga o sangue da terra

AUGA. O Sangue da terra

Autor: Manuel Valcárcel

 

Inauguración e visita guiada da exposición: AUGA.O sangue da terra. Un proxecto de Manuel Valcárcel
 
A exposición "AUGA. O Sangue da terra. Un proxecto de Manuel Valcárcel" está producida por Afundación Obra Social ABANCA, coa colaboración en Ribadavia do Museo Etnolóxico e do Concello de Ribadavia

A auga, elemento vital ao que quixen render esta humilde homenaxe
en comparación co que representa, parte de todo o que somos e
todo o que crea. Elemento vital que debe ser motivo de unión e
xamais de discordia. Elemento que debemos coidar e protexer
porque marcará o devir das xeracións vindeiras porque, quen somos
os seres humanos para crernos por enriba da natureza?
Esta é a miña visión do que foi, é e será a Terra. Non malgastemos
esforzo e diñeiro en buscar un mundo mellor noutros planetas, este
é o noso, onde nacemos e onde morreremos, debemos respectalo
e coidalo.
 
Manuel Valcárcel 

A exposición permanecerá aberta no local social da Igrexa da Madalena até o 31 de marzo.

Horario Local Social Igrexa da Madalena:
Martes a venres 12.00 a 14.00 e 17.00 a 19.00 h
Sábados 12.00 a 14.00 h