
Abrente

Abrente

Abrente

Abrente




ABRENTE foi una asociación cultural que desenvolveu en Ribadavia una intensa actividade cultural entre os anos 1969 e 1983, esta asociación dispuña dunha razoable colección de arte procedente da doazón de obra que lle facían os artistas para contribuír co importe da súa venda á financiación das actividades da asociación, ou simplemente para decorar a súa sede social. A colección contén 58 obras de 29 autores. Dado o seu volume, a exposición da colección terá lugar en tres fases: a que se inaugura agora, unha segunda será en febreiro coincidindo coa presentación do catálogo da colección e unha terceira que terá lugar entre xuño e setembro de 2020.
No momento da súa disolución tomaron o acordo de depositar tanto o seu arquivo como a obra plástica da que dispuñan no entón Museo de Artes e Costumes Populares de Ribadavia, hoxe Museo Etnolóxico. Isto tivo lugar no ano 1986 e dende entón esta colección non ten sido exposta; polo que e dado que se cumpre o 50 aniversario da fundación de ABRENTE, tense decidido expoñer estes bens como homenaxe a esta asociación e para goce da cidadanía en xeral.
Entrevista coa comisaria da exposición Sabela Fraga Costa no programa Diario Cultura da Radio Galega: AQUÍ