A mirada dos espazos. Cara a unha antropoloxía visual no Museo Etnolóxico

Share
Do
5 de Setembro do 2012
al
5 de Decembro do 2012
 

A mirada dos espazos

Fondos: Foto Chao, Foto Llanos, Fondo Augusto Pacheco, Foto Bene, Fondo Marqué de Santa María del Villar, Foto Salvador, Foto Sancho, Fondo Víctor Manuel López Quijada, Fondo José Lillo Beviá, Foto Olivares, Fondo Hipólito González Fernández, Fondo Juan Antonio Gómez Vázquez, Fondo Xenaro Martínez de Castro, Fondo Mila Rodero, Seadur, Nacho Romero, Santi M. Amil, A Agrupación fotográfica de Ribadavia.  

A exposioción a Mirada dos Espazos constitúe un paso relevante que o Museo Etnolóxico dá na sua andaina polos terreos da imaxe e a fotografía. 

Logo das primeiras series expositivas (Imaxes de Galicia e Álbums para o Reencontro. Ribadavia e os Ribadavienses) e das publicacións editadas sobre o mundo da imaxe, pretendemos agora proxectar unha ollada etnolóxica máis sistemática sobre o espazos visibles da sociedade que a imaxe fotográfica mostra é, ás veces, oculta. Figura como subtítulo da exposición a expresión Camiño dunha antropoloxía visual, porque a través dos distintos autores e dos seus obradoiros realizamos un relato etnográfico no que asoman ámbitos e espazos da vida social, descritos e interpretados aquí como textos que suxiren, insinúan e falan.

É intención do Museo lembrar con esta Mostra a figura de Benito Losada, que motivou a participación dende hai anos do Museo no Outono Fotográfico e fixo posible uha relación frutífera entre a nosa institución e a Casa da Xuventude. Benito Losada foi quen de promover nesta provincia o interese pola fotografía como fenómeno social e cultural, interese que se estendeu ao resto do país complementando outros iniciativas desenvolvidas tempo atrás noutras cidades e vilas galegas. Para o Museo Etnolóxico Benito Losada foi un amigo e un colaborador particularmente sensible ao fondo etnográfico e á dimensión etnoantropolóxica que nós lle outorgamos á fotografía.