Alba Casas
Narrativas futuras
Narrativas futuras
Narrativas futuras
Narrativas futuras
Narrativas futuras
Adrián Riveiro
Narrativas futuras. As ruínas do rural é unha proposta expositiva que explora as ruínas como espazo de reflexión, resistencia e posibilidade.
A través das creacións de Alba Casas e Adrián Riveiro, esta mostra convida a repensar o rural galego desde a súa aparente desaparición: Que nos din os restos que quedan? Que futuros podemos imaxinar desde eles?
Un diálogo entre arte contemporánea e memoria, entre abandono e potencia, que se constrúe con materiais, sons e imaxes que habitan nas marxes do progreso.
Visita a exposición no Museo Etnolóxico de Ribadavia e achégate a esta reflexión sobre o tempo, o territorio e as formas de vida no rural.

