
Santi M. Amil ten retratado en branco e negro no ano 1996 a xentes do Ribeiro en diferentes tarefas do traballo da viña e da adega, no que se manifesta con claridade a vocación documental do autor. Esta vertente da súa produción fotográfica enlaza coa desenvolvida durante varios anos como colaborador do Museo Etnolóxico. Desta colaboración procede a escolma de varias fotografías da serie dixital a cor, feitas sobre o conxunto de pezas do ciclo vitícola e dos labores vinícolas e realizadas para ilustrar o primeiro catálogo da colección vitivinícola deste Museo.
Santiago Míguez Amil, fotógrafo documental e de prensa e socio fundador de Nega-2, está na actualidade vinculado a La Voz de Galicia. Foi "Foto do Ano" de Galicia en Foco 2005.
Esta exposición está vinculada ao ciclo Outono Fotográfico en Ribadavia. Na que a exposición presentase xunto coa serie "Señoras e Señores" de Ricardo Alcalde.