Ourense anos 20
Ourense anos 20
Ourense anos 20
Ourense anos 20
Ourense anos 20
Ourense anos 20
Para o imaxinario popular, a década de 1920 é a dos “anos tolos”, “anos dourados” ou “felices”, é o tempo do jezz, charlestón, garzonas e flappers, decó e vangardas, do cine e ocio desmedido... Pero baixo todo ese brillo, que Hollywood se empeña en mitificar, ocúltanse os contrastes da época: especulación financeira, xurdimento do consumismo, auxe do fascismo e os totalitarismos.
En 1920 o mundo comeza a recuperarse dunha Guerra Mundial, da Revolución Rusa e dunha pandemia das máis devastadoras da historia. Europa, campo de operacións da guerra, arrasada, ten que recorrer ao mercado americano para abastecerse. EEUU, vencedor entre os vencedores, convértese na locomotora económica mundial. A súa clase media prospera, e mentres intenta liberarse dos traumas da guerra, concédelle agora valor a unha xuventude antes vista como unha etapa a pasar, o ocio ocupa un lugar preferente e as mulleres comezan a liberarse de ataduras.
As revistas e o cine difunden a idílica imaxe americana, mais a onda tivo intensidade desigual no resto do mundo. Só os sectores máis acomodados en Europa podían reproducir ese estilo de vida.
España convivía ademais con crises de goberno e económicas, co desastre de Annual e cunha ditadura. Quizais nunca existiu tanta distancia entre unha sociedade que demandaba modernización, vitalismo, emancipación... fronte a unhas autoridades políticas, igrexa e exército que evolucionaban moi lentamente.
A través dunha selección fotográfica pretendemos construír un relato que axude a comprender a complexidade e contradicións desta icónica época situándonos no Ourense do momento.
Producida polo Museo Arqueolóxico de Ourense conta co xeneroso préstamo de particulares e outras institucións.