Rafael Bordallo Pinheiro

Share
Do
10 de Xuño do 2022
al
16 de Setembro do 2022

O Viño d' A Parodia. Rafael Bordallo Pinheiro

Rafael Bordallo Pinheiro (1846-1905) foi o feliz creador do personaxe máis coñecido e máis contestatario do humor portugués: Zé Povinho. Foi un dos artistas máis destacados e unha das figuras máis carismáticas da sociedade portuguesa da época: artista plástico, decorador, humorista, caricaturista, oleiro, aspirante a actor, era un asiduo das salas de teatro e ópera de Lisboa e afeccionado ao bo viño e á boa comida.

Nado nunha familia de artistas, pronto mostrou un gran desexo por aprender as artes. En 1860, con tan só 14 anos, comezou a asistir a clases no Conservatorio de Lisboa, logo estudou debuxo na Academia de Belas Artes, antes de ingresar no Curso Superior de Letras e posteriormente na Escola Superior de Arte Dramática, sen ter rematado nunca estudos en calquera destas escolas. Tamén participou nalgunhas exposicións de pintura, con obras realistas dedicadas aos costumes nacionais, pero primeiro a caricatura (en 1870), despois a cerámica e as artes decorativas (a partir de 1884), levárono a embarcarse en formas moi diversas e polifacéticas de expresión plástica. Con influencias que van dende o Renacemento á corrente naturalista, dende o Realismo ata o azulexo árabe, Rafael deseñou e produciu unha infinidade de ilustracións e pezas decorativas de gran beleza e creatividade.