Regressar

Share
Do
3 de Setembro do 2022
al
30 de Outubro do 2022

 

 

 

 

Artista e Comisaria: Raquel Díaz

Colaboración: Arteficial 2022

Regressar

Na exposición preséntase o proceso de creación dun libro ilustrado sobre a historia recente da Beira Alta, no interior de Portugal, narrada a través da memoria popular.

Tradicionalmente, os seus habitantes vivían da agricultura de subsistencia e do pastoreo. Actualmente, é un territorio envellecido e moi castigado polo despoboamento.

Durante a ditadura salazarista producíase unha forte emigración cara países europeos como Francia, Alemaña, Suíza ou Brasil. Moitas familias cruzaron a fronteira clandestinamente fuxindo da miseria e da represión. Ademais algúns dos seus habitantes tiveron que abandonar as súas casa obrigados polo réxime a loitar entre 1961 e 1974 na chamada Guerra de Ultramar en África.

A Revoluçao dos Cravos puxo fin á Guerra e ao Estado Novo / 1926-1974). Mentres nas cidades a democracia víase como unha festa, a vida non cambiou moito nas aldeas despois do 25 de abril.

Os retornados volveron das colonias e algúns emigrantes regresaron. Pero a partir dos anos 80 continuou o éxodo por motivos económicos e estas zonas permaneceron abandonadas.

A historia non só debe ser contada a través dos documentos. A historia tamén se atopa na palabra, na voz das persoas que a transitan. Este proxecto céntrase nas lembranzas da comunidade explorando os vínculos entre a memoria individual e a memoria colectiva. Considerando o acto de recordar como reivindicación ética da relación co pasado como relato incompleto. Graza a estas testemuñas, xurde a posibilidade de establecer un novo compromiso entre o pasado e o presente.