Somos afro!
Somos afro!
Somos afro!
Somos afro!
Somos afro!
SOMOS AFRO!
O museo sae ás rúas de Ribadavia da man do Museo Nacional de Antropoloxía co
proxecto do fotógrafo José Luis Simón "Somos AFRO!" Unha serie de retratos de
persoas afrodescendentes así como de persoas involucradas na causa do
recoñecemento desta comunidade; persoas que naceron ou que fan a súa vida
en España e que visibilizan historias de corpos en resistencia contra un sistema
no que o racismo segue a ter presenza.
Esta mostra encádrase na proclamación do 2015-2024 como Decenio
Internacional para os Afrodescendentes pola Asamblea Xeral da ONU, iniciativa
que ten como obxectivos principais a promoción dos dereitos e liberdades, o
fortalecemento dos marcos xurídicos e o coñecemento da diversidade cultural
desta comunidade.
Despois de itinerar por numerosos lugares, ¡Somos AFRO! chega ás rúas de
Ribadavia establecendo un diálogo entre os retratos e os viandantes utilizando
as rúas da vila como lugar de encontro.
Colocación segundo as rúas:
CASA BANCA NOGUEIRA:
RÚA PROGRESO, 38
1.Clara Caballero:Arquitecta, actualmente imparte o máster en Cooperación Internacional al Desarrollo na Universidad Pontificia Comillas
2. Juan Carlos Rocabruno: Doutor en Medicina, con especialidade en Xeriatría.
RÚA SALGADO MOSCOSO
3. Bisila Bokoko: Fundadora e CEO de BBES, unha axencia de desenvolvemento empresarial radicada en Nueva York que representa e promove marcas en mercados internacionais.
4. Susana Bokoko: Avogada, escritora e emprendedora.
Sobre Porta Principal
5. El Chojín: Rapeiro e compositor.
MURO DOS TILOS EN ACCESO Á CAPELA DA VIRXE DO PORTAL:
RÚA REDONDELA, 4
6. Justo Bolekia: Catedrático, filólogo, novelista e poeta. Académico da Academia Ecuatoguineana de la Lengua Española.
7. Awanda Pérez: Modelo e fundadora da axencia de modelos étnicos Minoire – Models
8. Ngoy Ramadhani: Especialista en migracións, fundador da Asociación Kwanzaa e impulsor do afro-diccionario.
9. Patricia Rocu: Doutora en Educación Física na Universidad Complutense de Madrid.
CLUB ARTÍSTICO:
RÚA PROGRESO, 12
10. Charlie Hussey: Fundador xunto á súa irmá Naomi, Yun Land, Bob Mico e Giorgio Aresu do ballet Zoom, famoso nos anos setenta e oitenta. Actualmente é profesor de baile nas súas escolas
11. Naomi Hussey:Fundadora xunto ao seu irmán Charlie, Bob Mico, Yun Land e Giorgio Aresu do ballet Zoom, famoso nos anos setenta e oitenta. Actualmente é profesora de baile na súa escola.
CASA DAS ASOCIACIÓNS (ANTIGA SEDE DO CONSELLO REGULADOR DO RIBEIRO):
RÚA SALGADO MOSCOSO, 11
12. Isabell Mamadou: Experta en dereitos humáns e coordinadora en España das accións do Decenio Internacional para los Afro descendientes 2015 – 2024 de Nacións Unidas.
13. Nicole Ndongala: Directora xeral da Asociación Karibu. Amigos del Pueblo Africano
CASA DA CULTURA:
RÚA CELSO EMILIO FERREIRO, 4
14. Jennifer Rope: Actriz e presentadora de televisión de programas como Música si, Grand Prix e Operación Triunfo.
15. Tony Romero: Cineasta
16. Astrid Jones: Actriz e cantante, actualmente en Tina, el musical.
17. Desirée Ndjambo: Xornalista e presentadora de Televisión Española, actualmente na canle de noticias de TVE, 24 Horas
18. Santiago Zannou: Director de cine galardoado cos premios Goya ao mellor director novel, ao mellor cortometraxe de ficción e ao mellor guion adaptado
19. Sara Sanders: Actriz e presentadora.
MUSEO ETNOLÓXICO: RÚA SANTIAGO, 16
20. Consuelo Cruz: Conferencista internacional, vicepresidenta do Patronato de la Fundación Internacional de Derechos Humanos e propietaria da marca de roupa Baobab.
21. Fernando Barbosa: Antropólogo, doutor en Estudios Feministas de Género, profesor na Universidad Complutense de Madrid.
22. Laia Muñoz: Coordinadora do Comité para la Acogida de las Personas Refugiadas na Generalitat de Catalunya.
23. Rita Bosaho: Primeira deputada negra en España. Actualmente é directora xeral para a Igualdade de Trato e Diversidade Étnico Racial do Ministerio de Igualdade.
24. Vicente Mazimpaka: atedrático de Botánica e profesor emérito na Universidad Autónoma de Madrid.
RÚA DOS FORNOS
25. Ana Cebrián: Profesora de Belas Artes na Universidade Complutense de Madrid e cofundadora de Afroconciencia e de Pedagogías Invisibles.
26. Nicolás Marugán: Subdirector xeral de Igualdad de Trato y Diversidad Étnico Racial do Ministerio de Igualdade.
SOLAR GARCÍA BOENTE: PLAZA GARCÍA BOENTE
27. Antumi Toasijé: Historiador e presidente do Consejo para la Eliminación de la Discriminación Racial o Étnica en España.