
Somos un Ribeiro Diverso

Somos un Ribeiro Diverso

Somos un Ribeiro Diverso

Somos un Ribeiro Diverso

Somos un Ribeiro Diverso

Somos un Ribeiro Diverso






Somos un Ribeiro diverso é un proxecto que conecta diversidades: a da colección
etnolóxica e a da comunidade á que esta desexa representar. Os seus principais
obxectivos son ampliar o foco, buscar novos relatos, repensar que son ou poden ser
os obxectos museísticos e presentar a etnoloxía como unha vía para construír unha
sociedade máis empática.
En diferentes obradoiros traballouse con nenos e nenas de 8 e 9 anos como axentes
do contexto cultural no que viven, valorando as súas particularidades individuais dende
o respecto aos demais. Partindo do xogo e das conversas xurdiron temas vinculados á
diversidade social pasada e presente e aos museos, que foron recollidos pola
ilustradora María Nóvoa.
As nenas e nenos adquiriron ferramentas para interpretar os patrimonios que lles
rodean acotío. Fomentouse así o seu recoñecemento, orixe, valorización e, polo tanto,
conservación, sen esquecer o goce do mesmo. Convidóuselles logo a achegar
obxectos cos que se identificasen, intentando así expandir os límites da
representatividade do museo dende a creatividade e a participación cidadá. Os
obxectos aluden a persoas concretas, pero a visión global do conxunto reflicte a
coexistencia de múltiples realidades. Deste xeito, o grupo adquire voz propia no
museo e visibiliza a infancia, verbalizando, recollendo e compartindo a súa visión do
mundo para que sirva de documentación cara o futuro.
No presente, o proxecto constitúe un convite a reflexionar e desfrutar da diversidade
social e cultural que habitamos.