Sons cara á liberdade. O museo no cárcere.

Share
Do
2 de Decembro do 2011
al
20 de Febreiro do 2011
 

Sons cara á liberdade. O museo no cárcere. 

Lugar: Museo Etnolóxico

Obradoiro: Fátima Braña, Pilar Iglesias, Rosa Lamas (Museo Etnolóxico. Ribadavia- Ourense e Universidade de Vigo) 

Coordinación: Fátima Braña, Pilar Iglesias

Documentación, deseño e montaxe: Silvio Águila, Jose Luís Antoniacomi, Rafael Arribas, Joaquín Bodillo, Juan José Bertolo, Paula Cardona, Rainiero CAmpos, Julio Cid, Gonzalo González, Julio Losada, MArcos Rei, ARR, O. Rubén Sierra, Nerea Torres (Centro Penitenciario de Pereiro de Aguiar) 

Fotografía e vídeo: VisualQ.

Serigrafía: Moncho Miguélez

A exposición SONS CARA Á LIBERDADE  que se inaugura/presenta este venres 2 de decembro é o resultado dun obradoiro organizado polo Museo Etnolóxico e realizado no Centro Penitenciario de Pereiro de Aguiar na primeira metade deste ano, actividade á que asistiron regularmente 15 internos en varias sesións semanais.

Para este obradoiro e posterior exposición partiuse da seguinte reflexión:
 
As particularidades de cada pobo reflíctense na súa música (Joseph D’Ortigue) e os nosos recordos están cheos de sons e de musicalidade por medio de cancións de berce, xogos, melodías musicais e os sons máis variados da natureza, por outra banda todos nós acumulamos percepcións acústicas cotiás aínda que non sempre sexamos capaces de escoitar. 
 
A relixiosidade, os traballos, os xogos, o noso quefacer cotiá... conteñen unha manchea de elementos musicais e sons que permanecen na nosa memoria e que nos relacionan cunha paisaxe sonora (soundscape) determinada polo medio no que nos desenvolvemos, pola hora do día ou pola nosa posición particular (Soledad Cabrelles Segredo). Do mesmo xeito a audición dunha peza melódica determinada pode predispoñernos a situacións emocionais moi diversas.
 
Sobre estes presupostos dúas especialistas (Pilar Iglesias e Fátima Braña) realizaron unha actividade cos internos na que se pretendía afondar na música desde as súas perspectivas persoais, analizando conceptos como “música”, “ruido”, “paisaxes sonoras”, “música culta”, etc., coa pretensión de aproximarse á música en Galicia como transmisora de cultura, de coñecementos, de sensibilidade e de goce persoal. 
 
A máis de estudiar todos estes aspectos, celebráronse no Centro Penitenciario varios concertos didácticos a cargo de Antón Castro, o Cuarteto Quiroga e Ton Risco.