Tecedeiras: funcionalidade e creatividade. Fíos da vida

Share
Do
1 de Setembro do 2023
al
31 de Outubro do 2023

 

 

 

 

 

Comisario: Manuel Rodríguez Calviño

Tecedeiras: funcionalidade e creatividade. Fíos da vida

 

O tecido volve ser protagonista no museo, esta vez a través dunha selección de pezas da colección do arqueólogo Manuel Rodríguez Calviño, quen leva case toda unha vida adicado á investigación sobre a produción téxtil en Galicia.

A exposición pon o foco nos cobertores como mostra do valor do traballo das tecedeiras. Os cobertores levan consigo horas de traballo, representan un dominio claro das técnicas de elaboración de tecido e son un exemplo claro da creatividade destas mulleres.

Tamén sobre otros produtos téxtiles. Pois, a elaboración doméstica cubrían unha boa parte das necesidades das familias rurais. Aínda que nos teares se confeccionaban directamente alunhas pezas como cobertores, mandís ou toallas, o groso da produción consistía en pezas de tea de liño, estopa, tascos, picote, candil, farrapos, etc, coas que logo se confeccionarían unha multitude de pezas. As teas de liño e estopa empregábanse principalmente para a confección de sabas ou xergóns, pero tamén para camisas, saias, roupa interior ou elementos de uso cotiá como sacos, sendo moi frecuente a reutilización de tecidos cambiando o seu uso ata o fin da súa vida útil.