Do
18 de Xuño do 2025
al
2 de Agosto do 2025

“Unha ollada colectiva contra o esquecemento” é unha exposición creada por veciñas e veciños do Ribeiro que mergulla na memoria da comarca a través de fotografías, relatos, obxectos e emocións compartidas.
Durante meses, persoas de diferentes xeracións uniron forzas para rescatar historias que nos pertencen a todas: emigración, oficios, paisaxes, personaxes, loitas esquecidas… e todo aquilo que nos fai pobo.
Agora esa memoria convértese nun espazo de encontro para lembrar o pasado, reflexionar e entender o presente para poder imaxinar xuntas un futuro.