27 de Decembro do 2022
Hoxe achegáronse ao museo parte dos residentes da Fundación Hospital Asilo Nosa Señora Dos Anxos. “A volta polo museo” incluíu visita ás exposicións, pero tamén aos compactos nos que se conservan pezas e documentación. Unha oportunidade para amosar a variedade de patrimonio moble que conforma a colección do Museo Etnolóxico e para xerar conversas que nos permiten continuar unindo memorias.
Hoxe 28 de xaneiro ás 18:00h e o próximo mércores 4 de xaneiro a mesma hora, haberá unha visita de balde aberta a calquera que queira coñecelas tripas do museo. Sen inscrición previa. Pásate!