Día Internacional da Conservación e Restauración

Share
1 de Febreiro do 2023
A conservación do Arquivo Abrente

O pasado 27 de xaneiro celebramos o Día Internacional da Conservación e Restauración! As restauradoras do Museo Etnolóxico desenvolven un papel indispensable no día a día do museo sendo as principais responsables da conservación e mantemento en condicións óptimas das pezas da colección.

Con motivo desta celebración queremos recordarvos que nas salas do museo podedes desfrutar da exposición “A conservación do fondo documental Abrente”. A través desta mostra poderedes descubrir como foi o proceso de intervención para a conservación deste fondo documental e ademais, coñecer mellor e por en valor o traballo do departamento de restauración do museo