Forno de Cal de Santo Adrán de Cobres

Share
9 de Febreiro do 2023

Dende o pasado 4 de febreiro, tras o proceso de reintegración, o Forno de Cal de Santo Adrán de Cobres volta ser visitable.

Este traballo é froito da vontade conxunta do Museo Etnolóxico (Ribadavia) e do CPI Toural (Vilaboa)  de colaborar nun plan de estudo e recuperación deste ben patrimonial encamiñado á participación da comunidade educativa, ofrecéndolle a posibilidade de explorar dentro e fóra das aulas certas chaves relevantes sobre a construción da identidade colectiva local. Así consiguiuese recuperar o traballo de protección iniciado pola Asociación O Barqueiro, e sumar o apoio do Concello de Vilaboa para que a memoria das persoas que traballaran no forno formen parte da historia. 

Se queredes coñecer máis sobre este traballo podedes acceder aos ficheiros na pestana “proxectos”.