Velaquí a proposta de actividades para este mes de abril!!
Estade pendente das novas publicacións onde ampliaremos a información de cada actividade cando se acheguen as datas.
Ben[s]vidos.Visita ás novas adquisicións: "Visite Galicia". Proxecto editorial do fotógrafo Ksado.
Con motivo do peche da exposición da colección Visite Galicia de Ksado, teremos dúas visitas guiadas pola comisaria da mesma Támmara Bescansa. A exposición forma parte do programa Ben[s]vidos, un proxecto expositivo que amosa periodicamente as novas pezas que chegan ao museo.
O lecer une
"Mulleres e xogos da comarca do Ribeiro, visibilizando o invisible" por Manuela Vázquez Coto. Faladoiro, xogo e música.
A actividade busca salientar a importancia do ocio como elemento identitario dunha cultura e marcador de calidade de vida. A charla de Manuela Vázquez Coto “Mulleres e xogos da comarca do Ribeiro, visibilizando o invisible”, dará paso a un faladoiro onde as xogadoras da bugalliña de Santo Estevo de Nóvoa e as Pandereteiras da Festa da Istoria, poderán poñer en común as súas experiencias de lecer vinculadas ao patrimonio do xogo e da música. A demostración práctica de ámbalas dúas actividades pechará esta divertida xornada aberta ao público.
Dario Moireira
Concerto de guitarra
As orixes multiculturais de Darío Moreira reflicten unha ampla variedade de influencias nas súas composicións. Naceu en Bos Aires, no seo dunha familia de emigrantes ítalo-arxentinos e luso-galaicos, que en 1964 retorna a Galicia. O seu estudo profunda sobre as músicas do mundo, aplicando técnicas de guitarra innovadoras nas súas composicións e desenvolvendo a capacidade de improvisación, a partir dunha linguaxe chea de recursos rítmicos, melódicos, harmónicos e tímbricos.