30 de Abril do 2020
A tradición fala que na tardiña do 30 de abril hai que ir apañar un ramiño de xesta en flor e colocalo nun lugar no que queremos espantar os maleficios, meigallos, feitizos malos agoiros, alimañas, infeccións e agora decimos tamén virus chamados coronavirus, e así recibir con protección o mes de maio.
Tamén poderedes ver estes ramiños en coches, camións, barcos...
A xesta na tradición de moitos países é unha planta con propiedades curativas e a que se lle atribúen moitas virtudes. Clodio González Pérez nun artigo no xornal Galicia Hoxe en 2010 escribía:
"A crenza nos poderes desta humilde planta vén de antigo, como se pode ler na Botánica de Bernardo de Cienfuegos (faleceu en 1631), cando denuncia aos que "case procuran nela a inmortalidade (vaidade grande), que no fondo da súa raíz (...) hai certa boliña redonda ou nabiño, que eles chaman "panacea", que, comida, fai volver nacer os dentes, desofusca a vista, tinxe o cabelo, renova o sangue e volve os vellos de trinta anos".
Todo o artigo neste enlace ?
http://www.galiciahoxe.com/op…/…/maio-xesta/idNoticia-544849

As fotos desta publicación foron feitas no Barrio Xudeu de Ribadavia por Rosiña Rojo, socia e secretaria da Asociación de Amig@s do Museo Etnolóxico (AMECHIR). Obtivémolas co seu permiso da súa rede social Instagram onde foron publicadas en 2019 e 2018. Moitas grazas pola cesión.
No facebook de Rosiña Rojo - Foto e Gráfico e de Brétemas podedes ver fotos de Espantameigallos deste 2020, tamen na rede social especializada en fotos Instagram: @rosinharojo_estudio AQUÍ