Ti a levas. A memoria do xogo

Share
29 de Marzo do 2023
Ti a levas

Xa está dispoñible o video que recolle a actividade "Ti a levas". 

O pasado 20 de xaneiro xuntámonos co alumnado do Ceip Plurilingüe Ribadavia EI EP e cos e coas residentes da Fundacion Nos Anxos para descubrir como evolucionaron as formas de xogar e cal é o papel do museo como conservador deste patrimonio.

A través deste encontro entre nenas, nenos e persoas maiores quíxose pór en valor un patrimonio que non só é compartido senón que nos conecta entre xeracións.

Unindo memorias, facemos museo