Charlas no Etnolóxico: O home de Orce 40 anos despois

Share

28 de Setembro do 2022
-
20:30h
|
Conferencias
Orce

Este venres comeza o ciclo "Charlas no etnolóxico" co especialista en evolución humana Alfredo Iglesias Diéguez e a charla "O Home de Orce 40 anos despois"

No ano 1982 un equipo dirixido por Josep Gibert descubría no xacemento de Venta Micena, Orce (Granada) un fragmento de cranio pertencente a un homínido e o paradigma consensuado na época entraba en crise. A polémica foi recollida e amplificada polos medios de comunicación, chegando a ser un tema de conversa na rúa. Este venres falarase da importancia deste feito que marcou a opinón publica e a historia da prehistoria en España.

No ano 1982 un equipo dirixido por Josep Gibert descubría no xacemento de Venta Micena, Orce (Granada) un fragmento de cranio pertencente a un homínido.

Isto supuña que o poboamento de Europa acadaría o millón de anos e Gibraltar podería ser unha das vías de acceso ao continente. O paradigma consensuado na época entraba en crise; seguíndose anos de incomprensión, de rupturas na comunidade científica e mesmo á clausura do xacemento pola Junta de Andalucía.

A polémica foi recollida e amplificada polos medios de comunicación, chegando a ser un tema de conversa na rúa.

Hoxe, unha vez admitida a calidade humana do fragmento de calota cranial de Venta Micena, pretendemos lembrar ao seu descubridor e sinalara a importancia do Home de Orce.

Para falar isto, contamos cun especialista que foi testemuña do descubrimento e da polémica que o seguiu; pois formou parte do equipo de Gabiarte participando nas escavacións de Orce, Barranco León, Fuente Nueva e Cueva Victoria.

Alfredo Iglesias é doutor en Prehistoria pola USC e especialista en evolución humana.

Autor de numerosos traballos en revistas nacionais e internacionais, autor de libros, conferenciante e colabora habitualmente coa prensa. No ano 1996 foi galardoado co premio Puro Cora de Xornalismo. Actualmente desenvolve a súa actividade profesional no IES Maruja Mallo de Ordes.