|
Música
En 1975 a UNESCO estableceu o 1 de outubro como o Día Internacional da Música co obxectivo de exaltar a diversidade de manifestacións musicais de todo o mundo.
No Museo Etnolóxico neste 2019 festexamos esta conmemoración co concerto co dúo Ethnos Atramo.
EthnosAtramo está formado por Pepa G. Lillo e Gabriel Navalón, músicos experimentados e innovadores que propoñen un espazo sonoro de encontro imaxinario entre culturas tan distantes como diferentes irmandando tradición evangarda cá finalidade de espertar sentimentos paraque o público os identifique como propios a pesares da distancia temporal e xeográfica.
Presentan un espectáculo de folk electro acústico con unha coidada selección de emotivas cancións de diversa procedencia: cantares balcánicos, música hebrea (sefardí, ashkenazi e xudeoienemita), baladas centroeuropeas, música andalusí, aires populares casteláns e cancioneiro xitano.
Neste concerto no Museo Etnolóxico convídannos a gozar da innegable orixinalidade da súa proposta sonora ofrecendo un ecléctico repertorio no que se misturan timbres antigos e ritmos procedentes do acervo popular universal con sons de síntese e secuencias electrónicas.
PROGRAMA DO CONCERTO:
1.-INTROVADORIAS ( trad. andalusí)
2.-LAS PROMESAS DE JANO (trad. ashkenazi)
3.-LA GACELA Y EL PASTOR (trad. andalusí)
4.-LAMENTO ( trad. xudeoiemenita)
5.-TRAS LA VENTANA (trad. zíngaro)
6.-RAMA DE OLIVO (trad. xudeoiemenita)
7.-TROVADOR DE MELODÍAS (trad. andalusí)
8.-LA ROSA (trad. sefardí)
9.-ARRULLO MAGIAR (trad. húngaro)
10.-SUEGRAS DE AHORA (trad. sefardí)
11.-CIGÜEÑA Y CULEBRA (trad. castellano)
Todos os temas son adaptacións da música antiga e tradicional. Arranxos musicais e composición orixinal por Gabriel Navalón.
Dúo formado por: Pepa G. Lillo: voz e percusións (pandeireta, daf, pandeiro con sonajas, darbuka, bodhrán e crótalos).
Gabriel Navalón: teclado, programacións e ambientación.