Marxes Fílmicas 2023. Ucraína

Share

Ciclo de cinema

Do
19 de Xuño do 2023
ao
28 de Xuño do 2023
-
22:00
|
Museo Etnolóxico
|
Cinema

                                   

                                MARXES FÍLMICAS 2023. UCRAÍNA

 

 

Marxes Fílmicas 2023

 

📆 Luns 19 de xuño

📆 Mércores 21 de xuño

📆 Luns 26

📆 Mércores 28

 

⏲10 da noite

📍Museo Etnolóxico

✅ Entrada de balde ata completar capacidade.

 

 

As Marxes Fílmicas 2023 poñen o foco na Ucraína contemporánea, a que vive o drama da guerra. Catro noites de cine ao abeiro do patio do Museo Etnolóxico para reflexionar a través de diferentes xéneros fílmicos- -documental, drama, comedia, musical- sobre as consecuencias da política internacional e da violencia sobre a poboación civil ucraína.

A Rus de Kiev, unha federación de tribos eslavas orientais, converteuse no Estado mais grande e poderoso de Europa dos séculos IX a XI. Ese territorio foi pasando a mans de diferentes potencias invasoras: primeiro foron os mongoles, despois austrohúngaros, otománs, os tsares rusos, até que no 1917 se converte nunha das Repúblicas fundadoras da URSS.

Desde 1991 Ucraína é un pais independente. Prove de cereal a medio mundo, malia que a xente non goza da prosperidade económica prometida. O ucraíno e o ruso conviven como Iinguas de uso cotiá. Politicamente, sofre a inestabilidade dos seus gobernos: un dos seus presidentes sufriu un intento de envelenamento, producíronse manifestacións e algaradas de índole europeísta e nacionalista -o Euromaidán-, e o seu actual dirixente, Volodimir Zelenski, saltou a fama a través dunha serie de televisión na que encarnaba o mesmo presidente do pais. Pero se hai un rasgo definitorio na condición ucraína, e a súa “condenada” posición xeopolítica estratéxica, entre os cantos de serea das potencias occidentais -a UE, a OTAN- e eo da veciña Rusia.

Esta encrucillada e on reflexo da súa produción cinematográfica, que se caracterizou a miúdo por un debate sobre a súa identidade propia e sobre o nivel de influencia rusa e europea. Entre os seus grandes cineastas cómpre salientar os nomes de Kira Muratova -directora, guionista e actriz-, Aleksandr Dovzhenko -pioneiro da teoría da montaxe-, Dziga Vértov -autor, entre outros, de O home da cámara e do primeiro documental ucraíno sonoro: Entusiasmo. Sinfonía do Donbass— ou Serguéi Paradzhanov —cuxo cinema poético se afastou dos dogmas do realismo socialista—.

Coa lembranza das cruentas imaxes de Eisenstein na escalinata de Odesa —O acoirazado Potemkin, 1925-, as Marxes Fílmicas 2023 poñen o foco na Ucraína contemporánea, a que vive o drama da guerra: máis de 60.000 persoas mortas e outras tantas feridas, asi come 17 millóns de persoas obrigadas a desprazarse Ionxe das súas casas. Catro noites de cine ao abeiro do patio do Museo Etnolóxico para reflexionar, coa colaboración do Instituto Frances, a través de diferentes xéneros fílmicos -documental, drama, comedia. musical- sobre as consecuencias da política internacional e da violencia sobre a poboación civil ucraína.

 

PROGRAMA

 

  • Luns 19 | 22.00h —MOREAS DE ÓSOS

Terykony | Dir. Taras Tomenko | Ucraína 2022 | 80 min i VOSe

Nastya tiña dez anos cando un mísil ruso destruíu a súa casa e levou a vida do pai. A súa escola está a 500 metros da liña da fronte. Senya ten sete anos e esta en primeiro grao. Non coñeceu nin un só día de paz en toda a súa vida. A guerra é algo habitual, como contemplar as postas de sol desde as moreas de ósos. Unha película a vez tópica e atemporal, específica e universal.

 

  • Mércores 21| 22.00h — CARA A CRIMEA

Evge | Dir. Nariman Aliev I Ucraína 2019 | 96 min | VOSe

2019. Nomeada a Mellor película no Un Certain Regard do Festival de Cannes.

Tras a morte do seu primoxénito na fronte, Mustafa emprende unha viaxe a súa patria, Crimea, para darlle un enterro digno. No traxecto reencontrase co amor do seu fillo menor, ao tempo que sentira a saudade da terra perdida.

 

  • Luns 26 | 22.00h – OS MEUS PENSAMENTOS SON SILENTES

Moi dumki tikhi | Dir. Antonio Lukich | Ucraína 2019 | 104 min | VOSe

2019. Premio do Xurado en Karlovy Vary. Mellor pelicula da Academia ucraina.

Un enxeñeiro de son é contratado para gravar nas montañas o canto dun paxaro en vías de extinción. Ao se decatar de que a sUa nai decidiu acompañalo, a viaxe convértese nunha grande algarada. Considerada a comedia mais divertida do cinema ucraino.

 

  • Mércores 28 | 22.00h — ROSES. FILM-CABARET

Roses. Film-Cabaret | Dir. Irena Stetsenko | Ucraína 2021 | 78 min | VOSe

Frenética inmersión nas entrañas da Freak Cabaret Dakh Daughters Band, que emprega a música. a performance e a militancia política para denunciar situacións terribles dun xeito festivo, sensible e divertido. A ollada única e cómplice da cineasta, que coñece ben a banda, transmite un sentido único de loita e de respecto.