“ As rutas sagradas da Galicia Antiga e o Camiño de Santiago. Particularidades do Camiño Miñoto Ribeiro”

Share

5 de Setembro do 2023
-
8 da tarde
|
Museo Etnolóxico
|
Conferencias

 

 

Conferencia " As rutas Sagradas de Galicia Antigua e o Camiño de Santiago. Particularidades do Camiño Miñoto Ribeiro"

Por: Blanca García Fernández- Albalat

 

🗓️ 5 de setembro 

8 da tarde

🎟️ Entrada libre até cubrir capacidade

 

 

 

 

 

"Os camiños de Galicia estiveron cheos, dende antigo, de sacralidade e maxia. Rutas, vereas, sendas que se cruzan, altos no camiño...permanecen empapados da atmosfera do peregrino. O discorrer do tempo foi colocando sucesivas capas de intencionalidade sagrada que nós procuraremos ir despezando, levando, como liviáns veos. Nunca alcanzaremos a razón máis profunda dos primeiros camiñantes sagrados, -o seu código non nos pertence-, mais deizaron escritos nas nosas pedras -petrogrifos, epígrafes- parte das súas devocións que celosamente foron transmitindo de xeración en xeración ata chegar aos nosos cruceiros, romarías e santuarios. O folclore popular galego foi o último depositario dunha arcaica tradición que podemos remontar á chegada dos primeiros pobos indoeuropeos ao Oeste peninsular, momento no que a paisaxe é organizada segundo os máis altos criterios de sacralidade. Cremos que é posible trazar unha liña que una pasado e presente destas rutas sagradas posto que camiños, límites codificados, mitos e enclaves coinciden con grande exactitude ao longo do tempo. Procuraremos, pois, buscar as claves explicativas da intencionalidade que moveu a xeracións de homes a peregrinar ao longo do territorio marcando, para sempre, unhas sendas sagradas que as diversas etapas históricas foron asimilando e integrando á súa cotiandade" 

(Las rutas sagradas de Galicia. A Coruña: Diputación Provincial de A Coruña; 1999.)